Quen somos?

/

quiensomos

Multimedia Galinova S.L. é unha consultoría de comunicación adicada ó asesoramento de empresas, institucións e particulares en materia de prensa, imaxe, publicidade e e- marketing. Entre as súas actividades inclúese asimesmo a difusión de novas e a realización de reportaxes escritas e videográficas.

Temos casi 20 anos de experiencia e coñecemos ben cómo evoluciona o campo da comunicación e, por iso, non paramos de adaptarnos constantemente ás novas formas de comunicar. A experiencia deunos madurez e bos contactos para lograr que os nosos clientes logren excelentes resultados.

Somos un equipo de profesionais do xornalismo que integramos todas as formas de comunicación que se adapten ás necesidades do cliente.

Coñecemos en profundidade como traballar coa materia prima esencial de toda comunicación, a información.

Coñecemos ben o modelo organizativo dos medios de comunicación e os xornalistas para lograr o mellor e o maior impacto posible das súas mensaxes.

Coñecemos os novos soportes comunicativos para lograr a notoriedade e o posicionamiento que a súa empresa precisa na Internet.

Durante toda a nosa traxectoria, traballamos con PYMES e pequenas organizacións desenrolando un bo sistema de traballo para saber qué recursos utilizar ao menor coste e aproveitar a potencialidade das ferramentas da comunicación para lograr os mellores resultados e cubrir a crecente necesidade das empresas de informar aos medios de comunicación sobre as actividades que desenrolan, creando así, unha actitude favorable cara a empresa, marca, producto…

A empresa está dirixida por dous xornalistas cun amplo currículo no sector dos medios de comunicación:

Nado na Coruña en 1969, é licenciado en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Santiago de Compostela e xornalista en exercizo. Comezou a súa andaina profesional en 1988 en Radio Coruña – Cadena Ser. En Vigo, exerceu como xornalista durante dous anos seguindo a actualidade deportiva da provincia pontevedresa. Posteriormente, exerceu a actividade xornalística no Ideal Gallego, Radio Nacional de España, Televisión Española, xornal Marca, xornal DxT Campión e xornal deportivo Meta Sport. Na actualidade é redactor de deportes da Televisión de Galicia ecolaborou coa aportación dos seus artigos para revistas deportivas como Don Balón, Afrique Football e World Soccer Magazine (edición xapón). Tamén foi correspondente do diario deportivo Marca en A Coruña.

Twitter: @xebelo
xoseafraga@multimediagalinova.es

Nado en Laussanne en 1972, é licenciado en xornalismo pola Universidade Camilo José Cela e diplomado en Ciencias Empresariais pola Universidade da Coruña. Dende 1994 traballa como xornalista profesional pasando por distintos medios de comunicación de prensa, radio e Televisión. Iniciou a súa andaina en Radio Nacional de España (onde comezou a súa carreira xornalística) e similtaneou ese medio con Televisión Española, e xornais deportivos coma DxT Campeón e Meta Sport. En 2000 incorpórase áTVG e desde entón tivo a oportunidade de exercer como editor de tódolos programas deportivos: En Xogo, A Xornada e A Xornada En xogo. Dirixiu programas especiais de deportes da TVG e dos servizos informativos da fin de semana da cadea autonómica. Asemade, colabora durante ese tempo para revistas revistas deportivas Don Balón, Afrique Football e World Soccer Magazine (edición xaponesa). No 2009, incorporouse ós servizos informativos da TVG como editor do informativo Telexornal Serás das 21:00 horas.

Twitter: @laiosaCASP
es.linkedin.com/in/carlosalbertosanchezponton/
carlosasanchez@multimediagalinova.es